EQUIPO MACULINO
Historia Eran principios de 2013, cando varios rapaces pontevedreses comezaron a interesarse por este deporte practicamente descoñecido na cidade, e que comezaba a ser practicado nalgunhas vilas do país. Atraídos por un xogo noble, unha idea romántica dun deporte popular que conserva os seus valores orixinais, unha alternativa aos deportes máis seguidos da cidade... este grupo de mozos comezou a traballar para tentar xuntar uns cantos amigos cós que, pouco a pouco, poder ir facendo adestramentos. Pouco tempo despois, o seu traballo daba resultado, e un grupo dunhas dez persoas estaba preparado e disposto para comezar con este ilusionante proxecto. Tras varias reunións, decidiuse adoptar o nome da cidade para o clube, así como fazer clara referencia á mesma no noso escudo; para as cores, o verde, cor que nos rodea cada dia das nosas vidas no noso país. Logo de facer o papeleo de rigor, e de contactar coa xente con máis experiencia para que nos botara unha man, estabamos listos para comezar. Era o 9 de marzo do 2013, e o Pontevedra Fútbol Gaélico botaba andar... Atopabamosnos entón con novos problemas. Ante as repetidas negativas da Concellería de Deportes de Pontevedra para facilitarnos un campo e comezar a adestrar, vémonos na obriga de adestrar nun pequeno campo abandonado situado fóra da nosa localidade, no concello de Poio, sen vestiarios nin duchas, coa herba en bastante mal estado, e moi próximo á autoestrada, o que provocou que máis dun balón se perdese. Có tempo, este pequeno campo no que demos os nosos primeiros pasos, foi denominado cariñosamente coma "O Patatal". Logo de varios meses no Patatal, e coa Liga Galega xa apiques de comezar, conseguimos un campo en condicións para adestrar, na Xunqueira. Máis, novamente a Concellería, esta vez por incompatibilidade de horarios, negábanos un campo para disputar os xogos da Liga Galega, polo que non tivemos máis remedio que emigrar da cidade máis unha vez, e xogar no Campo do Carrasco en Marcón, onde nos acolleron de forma espectacular. Na actualidade, estamos disputando a nosa primeira Liga Galega, o clube está consolidado con máis de 25 xogadores, e cada día con máis ilusión e máis motivación para seguir mellorando. LUME!!!!
PONTEVEDRA
DATOS DO EQUIPO
Fundación: 2013
Localidade: Pontevedra
Equipos: 1
Presidente: Javier Baladrón.
Vicepresidente: -
Secretario: Aitor López.
Tesoureiro: Óscar Rodriguez.
Adestrador: Juan Carlos Almirón "Yogui".
Capitán de Pontevedra: Angel Abella.
2º capitán de Pontevedra: Aitor López.
facebook.com//pages/Pontevedra-Fútbol-Gaélico/470538793034439
Camisolas
Patrocinadores