EQUIPO MACULINO
Por acordo da xunta directiva, creouse en 2011 un novo equipo en Oleiros con filiación cos Fillos de Breogán. O escudo, elixido por votación, foi deseñado tendo en conta o novo nome do club e tomando como referencia o blasón da vila da bisbarra das Mariñas. A xunta directiva decidiu por maioría simple nomea-lo novo equipo irmán como Ártabros de Oleiros. Os seus integrantes serán convocados polo adestrador dos Fillos de Breogán, Carlos Seco, que tamén o será deste novo equipo, compaxinando o seu traballo con Bruno Domínguez, adestrador habitual dos Ártabros. Ártabros de Oleiros é o segundo equipo masculino galego en participar no Campionato Ibérico de fútbol gaélico, pois debutou no 2012. A cor coa que compite o equipo oleirense é o negro. Viste camisola negra, pantalón azul e medias azuis. Os patrocinadores deste equipo son Cervecería Canosa, Fran Carreira Arquitectura e Tamisa. A súa estrea foi nun partido amigable Torre de Hércules fronte A Coruña Fillos de Breogán, a McEvoy Cup, o 12 de novembro de 2011, un derbi coruñés de fútbol gaélico a sete, en honra do noso directivo e valedor dos xogos gaélicos Seánie McEvoy.
ARTABROS
DATOS DO EQUIPO
Fundación: 2011
Localidade: Oleiros (A Coruña)
Equipos: 1
Presidente: -
Vicepresidente: -
Secretario: -
Tesoureiro: -
Adestrador: Bruno Domínguez
Capitán de Ártabros: Wences García
2º capitán de Ártabros: Antonio "Ripa" Ripaminti
Camisolas
Patrocinadores
Dani Bechler
Javi
Bruno
Pablo Fuentes
Ruben García
Vahe
Xandre
Ripa
Dani Vázquez
Dani Blanco
Tom
Ronan
Jorge
Wences
Bieito
Carlos Mariño
Rubén Rodriguez
José Antonio