EQUIPO MACULINO
EQUIPO FEMININO
A Coruña Fillos de Breogán é un club de fútbol gaélico fundado na Coruña en setembro de 2010. Trátase pois do primeiro club do noso país do deporte nacional irlandés. O seu promotor e fundador foi Wenceslao García, tamén primeiro presidente do club. O equipo masculino estreouse en partido en febreiro de 2011. Dende ese ano, A Coruña Fillos de Breogán acudiu co seu equipo masculino a tódolos eventos oficiais do fútbol gaélico na Península Ibérica. Participou así ininterrompidamente en tódolos torneos do Campionato Ibérico ata o día de hoxe, sen faltar a unha cita.
O seu crecemento foi constante. Iso lle permitiu crear a súa sección feminina, A Coruña Fillas de Breogán, o primeiro equipo feminino do país, que participa no Campionato Ibérico dende o 2012. Ademais, o aumento no número de xogadores provocou o nacemento de Ártabros de Oleiros, segundo equipo masculino do club e tamén segundo equipo galego de fútbol gaélico. Ata o xurdimento doutros equipos en Galicia a finais de 2012, Ártabros e Fillos de Breogán eran os únicos conxuntos deste deporte na nosa terra. Así, os seus enfrontamentos, coñecidos como Copa McEvoy (en honra ó antigo vicepresidente da entidade, Seánie McEvoy), servían como título oficioso de campión galego.
FILLOS DE BREOGÁN
DATOS DO EQUIPO
Fundación: 2010
Localidade: A Coruña
Equipos: 2
Presidente: Sebas Pan
Vicepresidente: Seánie McEvoy
Secretario: Carlos Seco
Tesoureiro: Martín Fernández
Adestrador: Carlos Seco
Capitán de Fillos: Pedro Alberte Aguado
2º capitán de Fillos: Óscar Rodríguez
Capitana de Fillas: Patricia García
Capitana de Fillas: Kamy Fernández
facebook.com/FillosDeBreoganFG
Camisolas
Patrocinadores