top of page
Asociación Galega de Fútbol Gaélico

 

Ano Fundación: 2013

 

Competicións que organiza:

- Liga Galega.

- Copa Galicia.

- Liga Galega de 7 contra 7.

 

Palmarés Feminino:

Liga Galega.

- 2013/14. Irmandinhas.

Copa Galega.

- 2013/14. Irmandinhas.

 

Palmarés Masculino:

Liga Galega de 7 contra 7.

- 2013. Bráithreachas (Irmandinhos).

​Liga Galega.

- 2013/14. Estrela Vermelha.

Copa Galega.

- 2013/14. Estrela Vermelha.

 

Oficinas: -

Teléfono: -

Enderezo electrónico: gaelicogalego@gmail.com

Horario: 10.00-14.00h e 17.00-20.30h, de luns a venres.

​​​​​​​​​​Directiva:

Presidente: Iván Villalón Costa.

Secretario: José Antonio Carballeda Sangiao.

Tesoureiro: Martín Fernández García.

Responsable Deportivo: Carlos Seco González.

Vogal: Sebastián Pan Zapata.

Vogal: Alberto Suárez Touceda.

A AGFG

A nosa historia

 

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) nace pola iniciativa dos tres equipos pioneiros do fútbol gaélico galego A Coruña Fillos de Breogán, Irmandinhos A Estrada e Mecos O Grove. O seu impulsor foi o introdutor deste deporte nas nosas terras Wences García. O dia 9 de marzo de 2013 quedou formalmente constituída coa presencia de membros dos 3 clubes fundadores. A asociación ten como obxetivos a unión dos equipos galegos así como regular e artellar as competicións oficiais do noso país.

O día 16 de marzo do mesmo ano botou a andar a primeira Liga Galega impulsada por esta organización, foi un proxecto que pretendía dar a coñecer o fútbol gaélico no noso pais e que acadou un gran resultado tanto na difusión como na afluencia de publico os campos.

 

Este próximo outono comezará unha nova tempada aínda máis esixente coa creación de novas competicións e a aparición de novos clubes e proxectos que debuxan un panorama esperanzador para o noso deporte.

bottom of page